Skip navigation

O recoñecemento e o respecto chega a través do coñecemento. En moitas ocasións este coñecemento non resulta tan accesible como debera. Os sistemas académicos coma entes herméticas non transparentan nin os fins nin os medios empregados para a formación dos futuros profesionais. A posibilidade de achegar ao cidadán a este sistema contribuirá ao recoñecemento da profesión e do traballo que se realiza dentro da aula, ademáis de motivar e afianzar ao alumnado.
Tras as visitas á exposición que realizaron grupos de alumnado doutros centros, estudouse a posibilidade de exportar esta experiencia aos diferentes niveis educativos.
Unha idea innovadora pode xurdir da conexión entre varias ideas, niveis ou mesmo materias. Ese innovar, ese crear, pode ser unha orixinal ponte a través da que alumnado e sociedade poden atoparse e valorarse.
Arte e innovacion educativa