“Carmen Hermo alcanzou un universo artístico mal persoal. Un cosmos de soños e cantos con préstamos de estrañas culturas mitol6xicas e ciixés da civilización occidental… Os elementos da súa linguaxe pictórica, de evocadoras connotacións, interrelaciónanse creando asociacións e dependencias nos que se equilibran valores formais e toda unha completa investigación de signos e alfabetos representacionais. Pero a semiología complicase a partir dunha anécdota no que as oscilacións son esquematizadas. E, entón, a arte transformase nunha trampa que posibilita a apertura a novos planos da realidade e da linguaxe. Para poder establecer unha relación íntima e encontrara que se atopa soterrado, hai que se mergullar por completo no seu mundo creativo e se entregar ó seu feitizo inefable, para poder descubrilo realmente.”
Jose Luis Rodriguez, Nordesia, Madrid (1995):