Skip navigation

Contan os vellos que nun lugar onde se xunta a pintura co pensamento, habitan uns seres, seres collage, que se alimentan de materia imaxinativa e que teñen por hábitat natural os empastes, chorretóns e  transparencias do pictórico.

Estes seres a cabalo entre o humano e o vexetal, entre o vexetal e o animal, ou o animal e o humán, materializan a máxima ecolóxica: o home na natureza formando parte dela. Seres que mediante o collage se substantivan e adxectivan determinadas caracteristicas dos uns e dos outros, cara a unha supervivencia.

O collage, elemento empregado dun xeito ou doutro por artistas de todas as épocas, semella tomar certo impulso renovador tras uns anos de escuridade, ou, polo menos, cunha presencia non tan evidente como a pode ter na pintura, que durante unhos anos estivo un tanto desvinculada do panorama artístico internacional. O cibercollage retoma e cuestiona moitos dos aspectos xa iniciados noutras épocas ó redor do collage. Nos collages surrealistas e nos dadaístas xa se aprecian diferencias substanciais na concepción, execución e intención de cada un deles. A nova aportación do cibercollage é a reconsideración do autor. A posesión das ideas cuestiónase ata o punto da negación do autor, é unha postura subersiva pero que ben mirado non carece de razón, xa que se cuestiona a autoría do xerme da idea, non da súa xénese.

Unha folla, un peixe e un home cada un de eles por separado constitúen realidades en si mesmas, pero desde o momento que as sinala o artista, as pega, as inxerta, está creando unha nova realidad que é unha obra de arte, obra que outro artista poderá recoller e repetir de novo o xesto duchamptiano de sinalar. Un chorretón, un empaste, unha veladura, un grafismo, unha raiadura… realidades pictóricas todas tamén sinalables, que comparten espacio cos Augolla, que interactúan con eles, que os enganchan, os ocultan, lles serven de apoio, de asento. Outras veces limítanse a superpoñerse ou transparentarse seguindo as leis académicas de composición, textura e color coma se se tratase tamén de elementos pictóricos. Autorreferencialidade e narratividade xogando no soporte dos soños.

Deja una respuesta