Sitios de interés
A materia artística está composta dos máis diversos materiais. Na actualidade a diversidade é tal que xa hai moito tempo que non se pretende unha clasificación xenérica nin procesual da súa natureza. Xéneros e técnicas diluiense para conveniecia do proceso creativo persoal do autor.
Mais de todos os xéitos, o coñecemento da xénese e do proceso polo que pasaron diferentes técnicas artísticas, ademais de axudar na mellor comprensión da obra e do seu proceso, agranda o abano expresivo e comunicativo da mensaxe artística.
Técnicas centenarias que teñen sido empregadas o longo da historia da humanidade como ferramenta chea de connotacións e resoancias procedentes doutras épocas.
A investigación histográfica das diferentes técnicas e procedementos artísticos ha sido e é obxectivo de numerosos estudos e tratados ó longo da historia da humanidade. Desde Plinio até os blogs temáticos que podemos atopar na rede, pasando por Cennino Cennini, Max Doerner, Ralf Mayer ou Ray Smith. Teñen estudos sobre estas técnicas e a súa influencia nas diferentes etapas da historia da arte. O caso que nos ocupa nesta exposición é a técnica da encáustica, Unha técnica que non ten variado na súa esencia desde os primeiros retratos funerarios ata hoxe en día. Cera, pigmentos e lume o servicio do artista.
A maioria dos exemplos dás primeiras encáusticas son táboas romano-exipcias realizadas entre os séculos I e IV d.C. coñecidas como os retratos do Fayún, descobertos en Hawara a principios do século XIX, desde entón teñen aparecido máis de 600.
CURSILLO
PONENCIA