Exposición en la sala de exposiciones de la Casa de Cultura de Brión del 16 de noviembre al 17 de diciembre de 2012.
Texto curatorial
A filla do alfareiro de Sicyon, unha xoven namorada e desesperada pola inminente partida do seu amor ó extranxeiro, ilustra o mito da orixe do debuxo cando repasa co carboncillo o perfil da sua sombra na rocha.
O debuxo, mais alá do mito ten sido e é linguaxe. Unha linguaxe universal, que desde as suas oríxes ten servido para plasmar e explorar formas e ideas. O papel do debuxo foi mudando, asociado ás transformacions do pensamento, a sensibilidade e as traxectorias das artes.
«Podo enseñaros o arte da escultura nunha soa palabra: debuxade«, decía Donatello os seus alumnos.Considerado en diferentes momentos como pai das tres artes: pintura, escultura e arquitectura e noutros como boceto destas manifestacions estimadas superiores. O debuxo pronto acadou a valoración de obra autónoma e completa e forma parte da panorama artística actual así como das tramas creadas en alianza con os novos medios.
Mais toda lenda ten a sua parte de verdad e pode que na orixe do debuxo esté o amor. Un amor que tradúcese na vontade de achegarnos ós outros, á natureza, ó sublime, a todo aquelo que dun xeito ou outro nos move a procura dun coñecemento profundo froito dunha observación pausada.
Froito de ese amor achegamos estes fillos de Butades, tres propostas, debuxos feitos sen presas. Tres aloumiños sobre papel que compartimos convosco nesta sala da carballeira de Brión.[nggallery